
Enviar unha foto ou outros contidos mediante Bluetooth
Utilice o Bluetooth para enviar fotos, vídeos e outros contidos creados por vostede
ao seu ordenador ou ao teléfono dun amigo.
1 Prema prolongadamente o elemento que desexe enviar e, a continuación,
seleccione
Enviar
>
Por Bluetooth
.
2 Seleccione o dispositivo compatible ao que desexa conectarse. Se non pode ver
o dispositivo, seleccione
Nova busca
. Enumeraranse os dispositivos Bluetooth
que se atopan preto.
3 Se se lle solicita, escriba o código.
Consello: Tamén pode utilizar a conectividade Bluetooth para enviar tarxetas de
visita.