Copiar contido entre o seu teléfono e un ordenador
Pode utilizar un cable de datos USB para copiar imaxes e outros contidos entre o seu
teléfono e un ordenador compatible.
1 Utilice un cable de datos USB para conectar o teléfono a un ordenador.
2 Seleccione un dos seguintes modos:
Nokia Ovi Suite — Nokia Suite está instalado no ordenador.
Transf. multim. — Nokia Suite non está instalado no ordenador. Se desexa
conectar o seu teléfono a un sistema de lecer doméstico ou a impresoras, utilice
este modo.
Almac. masiva — Nokia Suite non está instalado no ordenador. Este teléfono
amósase como un dispositivo extraíble no seu ordenador. Asegúrese de que
estea inserida unha tarxeta de memoria. Se desexa conectar o seu teléfono a
outros dispositivos como equipos estéreo domésticos ou de automóbil, utilice
este modo.
3 Para copiar o contido, utilice o xestor de ficheiros do ordenador.
Para copiar os contactos, ficheiros de música, vídeos ou imaxes, utilice Nokia
Suite.