Información sobre a batería e o cargador
O seu dispositivo está deseñado para utilizarse cunha batería recargable BL-4U . Nokia pode fabricar modelos de batería
adicionais para este dispositivo. Utilice sempre baterías orixinais de Nokia.
Protección do medio
49
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores: AC-8, AC-10, AC-11 . O número exacto do modelo
do cargador de Nokia pode variar dependendo do tipo de enchufe, que se identifica mediante E, X, AR, U, A, C, K ou B.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante as conversas telefónicas se reduza considerablemente, substitúaa.