
Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica, pero é posible que teña que
recargala para poder acender o teléfono por primeira vez.
Se o teléfono indica un nivel de carga baixo, faga o seguinte:
8
Introdución

1 Conecte o cargador a unha toma da parede.
2 Conecte o cargador ao teléfono.
3 Cando o teléfono indique que a batería se atopa completamente cargada,
desconecte o cargador do teléfono e logo da toma da parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de tempo específico e pode
utilizar o teléfono durante o proceso de carga. Durante a carga, é posible que o
teléfono se quente.
Se a batería está completamente descargada, é posible que teña que esperar varios
minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de carga.
Se a batería non se utilizou dende hai moito tempo, para comezar a carga, é posible
que necesite conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar.
A carga do teléfono mentres escoita a radio pode afectar á calidade da recepción.