
Inserción da tarxeta SIM e a batería
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Introdución
5

Este teléfono está destinado a empregarse con baterías BL-4U. Utilice sempre
baterías orixinais de Nokia.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente se se raia ou dobra, polo
tanto, tea coidado ao manipular, inserir ou retirar a tarxeta.
1 Coloque o dedo no oco situado no bordo do teléfono e levante e extraia con
coidado a tapa posterior. Se a batería está inserida, retírea.
2 Deslice o soporte da tarxeta SIM para desbloquealo e utilice a súa uña para
levantalo.
3 Asegúrese de que a área de contacto da tarxeta SIM estea orientada cara a abaixo
e coloque a tarxeta no soporte correspondente. Deslice o soporte da tarxeta para
bloquealo.
6
Introdución

4 Aliñe os contactos da batería e do compartimento desta e insira a batería. Para
volver poñer a tapa posterior no seu sitio, dirixa os peches de seguridade da parte
inferior cara ás súas rañuras (1) e prema a tapa ata que encaixe no seu lugar (2).