Copiar música do seu ordenador
Ten música no seu ordenador que desexa escoitar no seu teléfono? Utilice Nokia Ovi
Player e un cable de datos USB para xestionar e sincronizar a súa colección de música.
1 Utilice un cable de datos USB compatible para conectar o teléfono ao ordenador.
Asegúrese de que está inserida unha tarxeta de memoria compatible no teléfono.
2 Seleccione
Transf. multim.
como modo de conexión.
3 No seu ordenador, abra Nokia Ovi Player. Para obter máis información, consulte
a axuda de Nokia Ovi Player.
Algúns ficheiros de música poden estar protexidos por xestión de dereitos dixitais
(DRM) e non se poden reproducir en máis dun teléfono.