Engadir os contactos importantes á pantalla Inicio
Desexa chamar ou enviar mensaxes rapidamente aos seus contactos favoritos? Pode
engadir atallos aos contactos seleccionados na pantalla Inicio.
1 Manteña seleccionada a barra Contactos favoritos.
2 Seleccione
Editar favoritos
.
Personalización
17
3 Seleccione a icona dun contacto e un contacto da lista.
O contacto precisa estar almacenado na memoria do teléfono.
Consello: Se se engade unha imaxe ao contacto, amosarase na barra Contactos
favoritos.
Chamar ou enviar unha mensaxe a un contacto
Seleccione o contacto na barra Contactos favoritos, e no menú emerxente, seleccione
a opción apropiada.
Eliminar un contacto da pantalla Inicio
1 Manteña seleccionada a barra Contactos favoritos.
2 Seleccione
Editar favoritos
e o contacto que desexa eliminar.
O contacto eliminarase da barra Contactos favoritos pero permanecerá na lista de
contactos.