Bloqueo do teléfono
Desexa protexer o seu teléfono contra un uso non autorizado? Defina un código de
seguridade e axuste o seu teléfono para que se bloquee automaticamente cando non
o estea a utilizar.
Establecer un código de seguridade personalizado
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Seguridade
>
Códigos acceso
>
Camb. cód. seg.
.
2 Insira o código de seguridade predeterminado, 12345.
3 Insira un novo código. Requírese un mínimo de 5 números. Só se poden empregar
números.
Garde o código de seguridade nun lugar secreto e seguro lonxe do teléfono. Se
esquece o código de seguridade e o teléfono se bloquea, será necesario acudir
ao servizo técnico. Nese caso é posible que se apliquen custos adicionais e que
se eliminen todos os datos persoais do teléfono. Para obter máis información,
póñase en contacto cun servizo de atención ao cliente de Nokia ou co distribuidor
do teléfono.
Activar o bloqueo do teclado de seguridade
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Bloq. tecl. seguridade
>
Activado
.
Protección do teléfono
45
O teléfono bloquéase cando se bloquean as teclas e a pantalla. Para desbloquear o
teléfono precisa o código de seguridade.