Preparar o teléfono para a reciclaxe
Se merca un teléfono novo ou desexa desfacerse do seu, Nokia recomenda que recicle
o teléfono. Antes, é recomendable que elimine toda a información e contidos persoais
do seu teléfono.
Eliminar todo o contido e restaurar os valores orixinais dos axustes
1 Faga unha copia de seguridade do contido que desexa conservar nunha tarxeta
de memoria compatible ou nun ordenador compatible.
2 Finalice todas as chamadas e conexións.
3 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Rec. axust. pred.
>
Recuperar todo
.
4 O teléfono apagarase e acenderase de novo. Comprobe con coidado que se
eliminaron todos os seus contidos persoais, como os contactos, imaxes, música,
vídeos, notas, mensaxes, correos electrónicos, presentacións, xogos e outras
aplicacións.
O contido e a información gardados na tarxeta de memoria ou na tarxeta SIM non
se elimina.
46
Protección do teléfono