Acerca de Nokia Suite
Coa aplicación para PC Nokia Suite, pode:
•
Copiar contidos como cancións, fotos ou os seus propios vídeos entre o seu
teléfono e ordenador e ter os seus favoritos sempre con vostede. É posible que
os ficheiros de música protexidos por xestión de dereitos dixitais (DRM) teñan
restricións de copia ou reprodución.
•
Manteña o software do seu teléfono actualizado e obteña novas funcións
mediante actualizacións de software. Tamén pode facer unha copia de
seguridade do seu teléfono e das aplicacións antes de actualizar o seu teléfono.
•
Realice unha copia de seguridade da súa información importante, como os
contactos ou as mensaxes no seu teléfono para restablecela facilmente en caso
de que perda o teléfono.
•
Explore aspectos divertidos e descargue aplicacións, xogos e outros elementos
de entretemento ao seu teléfono.
Para obter máis información verbo de Nokia Suite e ver os sistemas operativos cos
que funciona, diríxase á páxina www.nokia.com/support.