
Instalar Nokia Suite no seu ordenador
Coa aplicación de PC Nokia Suite pode actualizar o seu teléfono co software máis
recente, xestionar contido do seu teléfono e mantelo sincronizado co seu ordenador
compatible.
É posible que se necesite unha conexión á Internet. Se desexa obter información
verbo dos custos dos datos, póñase en contacto co seu provedor do servizo de rede.
Descargue a versión máis recente de Nokia Suite desde www.nokia.com/support no
seu ordenador.
Para obter máis información verbo de Nokia Suite e ver os sistemas operativos cos
que funciona, diríxase á páxina www.nokia.com/support.