Servizos de Nokia
Cos servizos de Nokia, pode atopar novos lugares e servizos e manterse en contacto
cos seus amigos. Pode facer o seguinte, por exemplo:
•
Consultar as actualizacións de estado dos seus amigos en diferentes servizos de
redes sociais
•
Descargar xogos, aplicacións, vídeos e tons de chamada ao teléfono
•
Obter unha conta gratuíta de Correo de Nokia con servizo de Yahoo!
Algúns elementos son gratuítos, mais é posible que outros sexan de pago.
É posible que os servizos dispoñibles varíen tamén en función do país ou rexión e non
todos os idiomas son compatibles.
Para utilizar os servizos de Nokia, cómpre dispoñer dunha conta de Nokia. Cando
acceda a un servizo no seu teléfono, pediráselle que cree unha conta.
Para obter máis información, consulte a páxina www.nokia.com/support.