Actualizar o software do teléfono a través do teléfono
Desexa mellorar o rendemento do seu teléfono e obter actualizacións de aplicacións
e excelentes novas funcións? Actualice o software regularmente para obter o máximo
rendemento do seu teléfono. Tamén pode axustar o seu teléfono para que comprobe
automaticamente se existen actualizacións.
42
Xestión do teléfono
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Seleccione
Menú
>
Axustes
.
1 Seleccione
Teléfono
>
Actualizac. tel.
.
2 Para amosar a versión actual do software e comprobar se existe unha
actualización dispoñible, seleccione
Detalles soft. actual
.
3 Para descargar e instalar unha actualización de software, seleccione
Descarg.
soft. tel.
. Siga as instrucións da pantalla.
4 Se se cancela a actualización despois da descarga, seleccione
Inst. actual. soft.
.
A actualización de software pode levar varios minutos. Se ten problemas coa
instalación, contacte co seu provedor do servizo de rede.
Xestión do teléfono
43
Comprobar actualizacións de software automaticamente
Seleccione
Actual. aut. soft.
e defina a frecuencia coa que desexa que se comprobe
se hai actualizacións de software novas.
É posible que o seu provedor do servizo de rede lle envíe actualizacións de software
directamente ao seu teléfono por OTA . Para obter máis información verbo deste
servizo de rede, contacte co seu provedor do servizo de rede.