Verbo de Comunidades
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Extra
>
Colección
>
Comunidades
e inicie sesión
nos seus servizos de redes sociais correspondentes.
Coa aplicación Comunidades, pode mellorar a súa experiencia coas redes sociais. É
posible que a aplicación non se atope dispoñible en todas as rexións. Cando inicie
sesión en servizos de redes sociais, como Facebook ou Twitter, pode facer o seguinte:
•
Ver as actualizacións de estado dos seus amigos
•
Publicar a súa propia actualización de estado
•
Compartir instantaneamente imaxes que tirou coa cámara
Só estarán dispoñibles aquelas funcións admitidas polo servizo de rede social.
O uso dos servizos das redes sociais require dispoñer de conexión de rede. Isto pode
supoñer a transmisión de grandes cantidades de datos e a aplicación de tarifas de
40
Xogos e aplicacións
transmisión de datos. Para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos, póñase en contacto co seu fornecedor do servizo.
Os servizos de redes sociais son servizos de terceiros que non son fornecidos por
Nokia. Comprobe os axustes de privacidade do servizo de rede social que está
utilizando, xa que pode estar a compartir información cun gran número de persoas.
Os termos de uso do servizo de rede social aplícanse cando se comparte información
nese servizo. Familiarícese cos termos de uso e coas prácticas de privacidade de dito
servizo.